Consello Galego de Museos

Museo Marítimo Seno de Corcubión

O Museo Marítimo "Seno de Corcubión" contribúe a revelar un tesouro cultural baseado no mar e as súas xentes. Inaugurado en 2000 pasou a formar parte do Consello Galego de Museos desde 2006.

Foi construído no século XIX como fábrica de salgadura, pasando cos anos a funcionar como almacén de carbón, estaleiro, etc. A súa arquitectura presenta espazos pechados e ao aire libre, o que lle confire un enorme atractivo e comodidade para ser visitado.

O espazo expositivo do museo divídese en sete salas de exposicións permanentes, unha sala para mostras temporais, unha pequena biblioteca e un almacén. No edificio atopamos un destacado acervo cultural centrado no mundo da náutica, cunhas catro mil pezas que conforman as coleccións do fondo museístico. Mastros, candeeiros, grillóns, hélices, áncoras, embarcacións, sistemas de pesca, bitácoras, periscopios e outros moitos elementos recóllense no Museo, que abarca o mundo do mar do litoral de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría e Carnota.

Unha visita ao Museo Marítimo "Seo de Corcubión" enriquece a nosa perspectiva sobre o ámbito marítimo, achegándonos a unha cultura que segue moi vixente na economía galega e que se fai parte destacada da nosa identidade e idiosincrasia. A Fundación Castro-Rial presenta co museo unha firme proposta para preservar e actualizar a historia da Costa da Morte, ademais de prestar á sociedade a posibilidade de coñecer máis sobre o mar na súa totalidade. Actualmente o Museo Marítimo “Seno de Corcubión” constitúese como punto informativo fundamental sobre a evolución da Costa da Morte, o mar e as súas xentes.
O Museo está situado na banda oeste da Ría de Corcubión próximo á Praia de Quenxe.

Logo do Museo Marítimo Seno de Corcubión

Enderezo:
Praia de Quenxe, s/n

Teléfono: 981 745410
Fax: 981 747634
E-mail: museoseno@gmail.com
Web:


Horario:
De luns a venres de 10:00 a 13:00.
Días de peche: fins de semana e festivos.


Servizos:
Prezo da entrada Gratuíta
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións SI
Instalacións adaptadas á diversidade funcional SI

Temática:
Colección visitable de Etnografía

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia