Consello Galego de Museos

Museo histórico de Sargadelos

Museo Histórico de Sargadelos fundouse en 1988, baixo os auspicios do Real Patronato de Sargadelos. A creación deste museo débese incluír dentro dun proxecto máis amplo que pretende a recuperación de todo o patrimonio das Reais Fábricas e que comeza en 1972 cando as Reais Fábricas de Sargadelos son declaradas Conxunto histórico-artístico a proposta do Laboratorio de Formas de Galiza.

Este museo pretende dar a coñecer a historia das Reais Fábricas de Sargadelos, complexo industrial que no século XIX foi un dos núcleos máis activos do noso país. Antonio Reimunde Ibáñez, marqués de Sargadelos, creou a finais do século XVIII a primeira siderurxia integral do Estado español. Poucos anos despois, en 1806, empeza a funcionar a fábrica de louza que, entre outras innovacións, introducía a louza estampada. O proxecto industrial do marqués de Sargadelos durou ata 1875, data na que se produce o cese de actividade e se inicia a deterioración do conxunto arquitectónico, do que só se conservan actualmente algunhas construccións, como o pazo do marqués e a Casa da Administración.

No Museo pódense ver pezas de cerámica decoradas a man e estampadas, pezas de fundición e moldes orixinais da Antiga Fábrica de Cerámica de Sargadelos.

Enderezo:
Casa da administración.
Sargadelos s/n
27891 Cervo (Lugo)
Teléfono: 982 557 905
Fax: 982 557 905
E-mail: patronato.sargadelos@xunta.es


Horario:
De xaneiro a outubro:
de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 19:00 h.
De novembro a decembro:
de 10:30 a 14:00h e de 15:00 a 18:00 h


Servizos:
Prezo da entrada gratuita
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións /
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Cerámica

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia