Consello Galego de Museos

Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra foi creado en 1927 co patrocinio da Deputación Provincial, da que é Organismo Autónomo. Ocupa na actualidade seis edificios.

No “Castro Monteagudo”, pazo do s. XVIII, que foi a primeira sede do Museo, exhíbense fondos prehistóricos e arqueolóxicos galegos, desde o Paleolítico ata a Romanidade, relacionados con outros foráneos, a colección de pratería civil “Fernández de la Mora y Mon”, ourivería e pratería popular e relixiosa, así como a pintura española, desde o gótico ata o barroco, e a dos Países Baixos e de Italia.

O “García Flórez”, tamén pazo do s. XVIII, alberga a iconografía xacobea, o numeroso conxunto de acibeche compostelán, o gravado relacionado con Santiago, as salas navais, en especial Méndez Núñez e a fragata “Numancia”, recordos dos Mareantes pontevedreses, a relixiosidade popular, a escultura relixiosa, a cociña tradicional e as artes populares, a Sala Romántica e as dedicadas a Alfonso Daniel R. Castelao e a louza de Sargadelos.

O edificio “Fernández López”, levantado de novo, e as sucesivas ampliacións. Nesta mazá, agás o salón de actos e a sala de pintura española do s. XIX e da primeira metade do XX, concéntrase o labor investigador do Museo: despachos e áreas de traballo, depósitos de biblioteca e arquivos gráfico e documental.

Nas Ruínas de San Domingos, dos s. XIV e XV, ademais de sartegos pertencentes a favorecedores da Orde, exhíbense capiteis, baldaquinos e outros restos escultóricos procedentes de diversos monumentos da provincia, así como un amplo conxunto de labras heráldicas.

O edificio “Sarmiento”, antigo colexio dos Xesuítas, está na actualidade en período de rehabilitación. Acollerá as coleccións de gravados rupestres e de epigrafía romana, de arte románica e gótica, de artes decorativas e de fotografía. Comunicará co sexto edificio, levantado de recente no predio que fora horta do Colexio tralo concurso de ideas convocado pola Deputación de Pontevedra, que sufragou a súa construción e a súa posta en funcionamento, coa colaboración do Ministerio de Cultura e da Consellería de Cultura. Con dez mil metros cadrados de superficie, acolle nos sotos almacéns e obradoiros e un espazoso salón de actos. No baixo, a sala de exposicións temporais. Os tres andares estarán dedicados a exposición permanente, permitindo facer un percorrido pola arte galega, con espazos en concreto para a obra de Castelao, contextualizándoa coa que en cada momento se facía fóra das nosas fronteiras

Logo do Museo de Pontevedra

Enderezo:
Rúa Pasantería, 2-12
36002 PONTEVEDRA
Teléfono: 986 851455 – 986 843238
Fax: 986 840693
E-mail: secretaria.museo@depo.es
Web: www.museo.depo.es


Horario:
- Edificios centrais:
Inverno
(do 1 de outubro ó 31 de maio), de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00; domingos e festivos, de 11:00 a 14:00.
Verán (do 1 de xuño ó 30 de setembro), de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30; domingos e festivos, de 11:00 a 14:00.
Días de peche: luns.
- Ruínas de San Domingos:
Inverno
, previa solicitude de visita no Museo de Pontevedra.
Verán, de martes a venres, de 10:15 a 13:45 e de 16:45 a 20:15; sábados, de 10:15 a 13:45.
Días de peche: domingos, festivos, luns e sábados pola tarde.
- Biblioteca e Arquivos Gráfico e Documental:
Inverno, de luns a venres,
de 9:15 a 14:00 e de 16:15 a 19:00.
Verán, de luns a venres, de 9:00 a 14:00.
Días de peche: sábados, domingos e festivos.


Servizos:
Prezo da entrada Gratuíta para cidadáns da UE
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións SI
Instalacións adaptadas á diversidade funcional NON

Temática:
Museo de carácter xeral, con fondos arqueolóxicos, artísticos, históricos, etnográficos, bibliográficos e documentais.

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia