Consello Galego de Museos

Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán comparte actualmente dependencias coa Real Academia Galega por desexo das herdeiras da escritora.

Foi inaugurado por vez primeira en 1980 e someteuse a una actualización museolóxica e museográfica no ano 2001. Desde entón vénse traballando activamente para incorporar a institución aos obxectivos de socialización e presentación dunha parte da historia común.

Pero o obxectivo fundamental é contribuír a encher o oco que existe no panorama museolóxico e converternos nun espazo onde as letras reciban a súa xusta dimensión e se poida xogar aprendendo, pero sobre todo, poñendo en práctica todo o adquirido nas aulas, evidenciando o valor que ten o bo uso da lingua e as súas aplicacións, ao mesmo tempo que afondamos no coñecemento dunha escritora complexa e rica onde as haxa. Nesta introdución á literatura, non se trata unicamente de ollar a historia, trátase tamén de traela ao noso tempo, de esmiuzala e de aprender dela.

Nesta Casa comezou a tomar forma a traxectoria vital dunha das intelectuais máis eminentes do século XIX e cos seus obxectos persoais (entre os que tamén están os libros da súa biblioteca) defínese o carácter, público e privado, da escritora e da muller.

É un achegamento sensible e intelectivo; anacos de textos escritos sobre ela polos seus contemporáneos, ou escritos por ela mesma, dedicatorias, traducións, primeiras edicións, mestúranse con pezas do seu universo íntimo, obxectos que a rodearon e a acompañaron, que encargou, que mercou, que recibiu en agasallo... Un deles amosa o seu lema vital: de bello lucem, a luz na batalla...

Logo da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

Enderezo:
Rúa Tabernas 11
15001 A Coruña
Teléfono: 981 227141
Fax: 981 207308
E-mail:
casamuseoepb@realacademiagalega.org
Web:


Horario:
De luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 .
Días de peche: fins de semana, festivos e mes de agosto.


Servizos:
Prezo da entrada De balde
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións SI
Instalacións adaptadas á diversidade funcional SI

Temática:
Museo monográfico

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia