Consello Galego de Museos

Casa-Museo Otero Pedrayo

A emblemática Casa Grande de Cima de Vila foi residencia de descanso de Ramón Otero Pedrayo e da súa familia. Nela apréciase o ambiente propio das vivendas da minguante fidalguía galega rural dos séculos XIX e XX.

A Casa Grande inclúe distintas construcións, a principal é o lugar empregado como vivenda, onde se pode contemplar a cociña, os dormitorios, o despacho do intelectual, o comedor, o corredor, deseño do seu amigo Castelao, e a magnífica solaina en pedra. Distribuída a través da casa se atopa a interesante biblioteca do gran patriarca das Letras Galegas.

Anexo á Casa está o alpendre, as antigas cortes e palleiras, hoxe reformadas.

O fermosísimo xardín, con distintas especies arbóreas maxestosas, a súa vide, os cabaceiros, os eidos e algúns apeiros da labranza.

Unha tenda de recordos e unha librería, onde se ofertan todas as obras de D. Ramón e as publicadas pola Fundación, así como outras de indubidable referencia na cultura e literatura galegas.

Uns arredores, os Chaos de Amoeiro, que destacan pola beleza da súa natureza e o interese do seu patrimonio.

Na mesma Trasalba é posible contemplar a portada da igrexa románica, así como referentes da arquitectura popular galega, como son o cruceiro e o peto de ánimas. A poucos quilómetros se encontran os petróglifos da Ferradura e o relevo castrexo da capela de Formigueiro. Un pouco máis lonxe é posible visitar o espectacular castro de San Cibrán de Las.

Logo do Museo Otero Pedrayo

Enderezo:

Casa Grande de Cimadevila
32172 Trasalba. Amoeiro (Ourense)
Teléfono: 988 281139
E-mail: fundación.otero.pedrayo@gmail.com


Horario:
De martes a domingo de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00, de outubro a maio; de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, de abril a setembro
Día de peche: luns.


Servizos:
Prezo da entrada Gratuíta
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións SI
Instalacións adaptadas á diversidade funcional NON

Temática:
Museo monográfico

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia