Consello Galego de Museos

Museo Catedralicio e Diocesano Santos San Cristóbal

Na planta baixa, atópanse as habitacións episcopais ambientadas (capela do século XI e o Despacho episcopal do século XVI).

Na planta alta, hai dous grandes salóns góticos e o dormitorio do Bispo Luján (século XVI).

En todo o Museo hai táboas flamencas, relevos ingleses de alabastro, pezas arqueolóxicas, ourivería, unha gran colección de libros corais de pergamiño, unha colección de capas pluviais e ornamentos, tapices de seda, unha colección de máis de 300 esculturas de madeira, zapatos episcopais,...

Está prevista a inauguración da ampliación do Museo, con salas adicadas á pintura francesa antiga, ás máquinas e a historia da imprenta en Mondoñedo, á cerámica de Sargadelos, á pintura clásica española,...

Enderezo:
Praza da Catedral s/n
27740 - Mondoñedo (Lugo)
Teléfono: 982 521948


Horario:
Diario ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00, 18:00 e 19:00h.


Servizos:
Prezo da entrada 4,00 €
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións /
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Relixiosa

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia