Consello Galego de Museos

Museo Massó

Situado nun edificio que formaba parte da antiga factoría de conserva de peixe Massó. A orixe do museo arranca do labor coleccionista da familia Massó, que culmina coa apertura dun museo do mar, de carácter privado, en 1932.

O actual museo, xa de titularidade da Xunta de galicia, abre as portas en xullo de 2002, presentando unha colección de contido etnográfico e antropolóxico co mar e as súas actividades como centro dos seus fondos: desde obxectos procedentes da fábrica de conservas ata outros vinculados a oficios tradicionais como a carpintería de ribeira, a salgadura de peixe ou as artes de pesca.

O museo tamén dispón dunha valiosa colección bibliográfica, de calidade excepcional, na que a sección de incunables merece especial atención.

Completan as coleccións unha pequena serie de instrumentos náuticos, maquetas de embarcacións históricas e tradicionais e un bo número de gravados de escenas mariñas.

Logo do Museo Massó

Enderezo:
Rúa Montero Ríos s/n.
36930 Bueu (Pontevedra)
Teléfono: 986 321838
Fax: 986 321838
E-mail: museo.masso@xunta.es
Web: www.museomasso.blogspot.com


Horario:
De martes a sábado de 10:00 a 20:00.
Domingos e festivos de 10:00 a 14:00.
Días de peche: luns.


Servizos:
Prezo da entrada Gratuíta
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións SI
Instalacións adaptadas á diversidade funcional NON

Temática:
Etnografía mariñera, patrimonio industrial e náutica

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia