Consello Galego de Museos

Museo Etnográfico Liste Vigo

O Museo Liste Vigo nace ao amparo da Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo, creada como institución orientada ao desenvolvemento de actividades de recuperación, conservación e difusión do patrimonio etnográfico de Galicia, constituída, e declarada de Interese Galego en 1999.

O Museo instálase nunha vivenda unifamiliar de mediados do s. XX, e abre as súas portas no ano 2000.

É un Museo de carácter monográfico, e orientación etnográfica. Conta con máis de 2.500 pezas, obxectos expresión da nosa cultura e modo de vida tradicionais, que nos serven de reflexión para a comprensión do proceso de cambio no que estamos continuamente inmersos.

Nove salas de exposición permanente reflicten outros tantos aspectos da vida galega. A Cultura do Centeo, A Roda, Simboloxía dos Oficios, O Vedado, Arte Tecido, Madeira Escavada, A Luz, Materialidade da Fe, e A Menciña Popular, conforman os eixos temáticos das instalacións.

Dispón ademais dunha sala de Temporais na que se achega ao coleccionismo privado de interese.

A filosofía: Trátase dun museo necesariamente guiado e intencionadamente pouco rotulado, no que o “guía” é o encargado de ofrecer un espazo dialogado co visitante, que se converte en invitado de excepción.

A montaxe pretende unha formulación estética global, e un especial empeño en destacar a dignidade dos obxectos como valores de referencia cos que crear unha dependencia na que se comparta protagonismo: visitante e peza irmandando experiencias.

A finca que circunda o Museo, de 5.000 metros cadrados, constitúe así mesmo un espazo de inestimable interese, xa que conta con importantes especies arbóreas e zona de xardín, así como construcións de gran valor etnográfico, coma hórreo, fonte, e lavadoiro.

Logo do Museo Liste Vigo

Enderezo:
Rúa Pastora 22
36210 Vigo
Teléfono: 986 244698
Fax: 986 298229
E-mail: recepcion@museoliste.org
Web: www.museoliste.org


Horario:
De martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.
Días de peche: domingos, luns, e festivos.


Servizos:
Prezo da entrada Xeral 2,40 €
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións SI
Instalacións adaptadas á diversidade funcional NON

Temática:
Etnografía

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia