Museo da Limia
O Museo Etnográfico da Limia ten seis salas que agrupan a colección.
A primeira sala está adicada á Limia e fai un percorrido pola xeografía, historia e memoria da comarca.
A segunda (O liño) acolle unha mostra completa dos útiles e tarefas arredor do liño.
A terceira (Os oficios) fai unha recreación dos talleres dos artesanos máis importantes da Limia.
A cuarta (A pataca) céntrase na análise da implantación da pataca como o cultivo fundamental hoxe en día.
A quinta sala (A casa) recolle o espacio privado das xentes da Limia: cociña e leito coa súa moblaxe e co enxoval.
A sexta sala (O agro) reproduce o patio onde os labregos gardaban os apeiros de labranza. Ademais, conta cun taller de tecidos artesanais en activo, tenda de lembranzas e biblioteca especializada.
No museo concértanse visitas guiadas, sendo os guías artesáns hoxe retirados que falan dos seus oficios.
Enderezo:
Rúa Celanova 63
32650- Vilar de Santos (Ourense)
Teléfono: 988 46 58 83 / 988 46 58 72
988 46 58 63
E-mail:
Web:
Horario:
Martes e mércores de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30h.
Para concertar visitas chamar aos teléfonos 988 46588e 3 988 465872
Servizos: | |
---|---|
Prezo da entrada | 2,00 € |
Veciños de Vilar de Santos: Gratuito | |
Biblioteca / centro de documentación | / |
Tenda / venda de publicacións | / |
Instalacións adaptadas á diversidade funcional | / |
Temática:
Etnografía