Consello Galego de Museos

Parque Etnográfico do Río Arnoia

O Parque Etnográfico do Río Arnoia está integrado polos seguintes elementos:

Muíño do Burato: situado á beira do río Arnoia, é unha mostra representativa dos numerosos muíños hidráulicos que se poden atopar ó longo do río. Dende a súa rehabilitación, un muiñeiro mostra ós visitantes a tradicional moenda de gran de cereal.

Muíño do Tecido "O Fiadeiro": Allariz, como importante zona de producción de liño e elaboración de tecidos durante o século pasado, conta na actualidade con esta mostra dos aparellos empregados no cultivo e transformación do liño, un antigo tear en uso e diversas pezas antigas tecidas a man. Ademais, conta cun pequeno espacio adicado a obradoiro onde se realizan e poñen á venda traballos de liño, algodón e lá.

Museo do Coiro " Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras ": nel aínda se poden observar os pilos da curtición e as ferramentas empregadas neste oficio, o que, xunto coas explicacións dos paneis e do guía, permiten comprender todo o proceso de curtición.

Museo Galego do Xoguete: é unha exposición de gran interés, que recolle unha colección de aproximadamente 700 xoguetes pertencentes a un veciño de Allariz. A esta importante colección estanse engadindo outras cesións de numerosos visitantes, entre os que se atopa unha colección de 800 sillas, pendente de incorporar ó Museo .

Logo do Parque Etnográfico do Río Arnoia

Enderezo:
Casa da Cultura
Rúa Castelo s/n 32660 -
Allariz (Ourense)
Teléfono: 988 44 08 59
Fax: 988 44 08 59


Horario:
Inverno
sábados, domingos e festivos
de 12:00 a 14:00h e de 17:00 a 19:00h.

Verán
martes, mércores e domingo
de 12:00 a 14:00h.
de xoves a sábado
de 12:00 a 14:00h e de 19:00 a 21:00h.


Servizos:
Prezo da entrada 1,00€
Bono (inclúe Fundación Vicente Risco e Fundación Aser Seara) 3,50 €
Biblioteca / centro de documentación NON
Tenda / venda de publicacións /
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Etnografía

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia