Consello Galego de Museos

Museo do Castro de Viladonga

Situado no Castro de Viladonga, a 23 km. ó N.L. de Lugo, chégase a el desde o km. 70 da estrada N-640 de Lugo a Asturias.

Creado en 1983 polo Ministerio de Cultura e transferida a xestión á Xunta de Galicia en 1989, o Museo xurdiu motivado pola importancia arqueolóxica deste Castro, –plasmada na monumentalidade do sitio e na cantidade e calidade dos materiais aparecidos desde 1971 en que se iniciaron as súas escavacións, que continúan–, e co fin de conservar, investigar e expoñer aqueles no seu propio contexto, ó tempo que se presta atención ó seu uso cultural, educativo e turístico.

O Museo abriuse ó público en 1986, ampliouse en 1993 e renovou a súa montaxe en 2009. Foi un dos centros fundadores do Consello Galego de Museos

Ademais dos servizos internos (biblioteca, salas de traballo, talleres de restauración e debuxo, almacéns, etc.), o Museo, de cara ó público, estrutúrase en catro salas (máis outra destinada a sala de actos e mostras temporais): a Sala 1 amosa aspectos do medio natural e explica a organización do poboado e os diversos tipos de defensas e construcións. A Sala 2 dedícase ós elementos da cultura material neste Castro e, por extensión, na cultura castrexa e galaico-romana, xunto cunha gran maqueta que reconstrúe todo o poboado. A Sala 3 mostra outros obxectos da cultura doméstica así como moedas e unha recreación da vida cotiá no Castro. Unha Sala complementaria resume a historia do Museo e os traballos arqueolóxicos realizados no sitio, así como información xeral sobre o contexto castrexo e galaico-romano e sobre o contorno natural e patrimonial de Viladonga. A exposición selectiva dos numerosos e moi variados fondos arqueolóxicos achados no xacemento acompáñase de abundante información escrita e gráfica así como de maquetas e outros elementos visuais que axuden a comprender, por parte de todo tipo de público, o carácter e a importancia dun castro galaico-romano, como un dos modelos de hábitat rural desta etapa histórica.

Logo do Museo do Castro de Viladonga

Enderezo:
Viladonga s/n.
27259 – Castro de Rei (Lugo)
Teléfono: 982 314255
Fax: 982 314194
E-mail: museo.viladonga@xunta.es / museo@aaviladonga.es
Web: http://museocastroviladonga.xunta.es / www.aaviladonga.es


Horario: aberto todos os días.
De marzo a xuño e setembro-outubro de 10:00 a 20:00.
De novembro a febreiro de 10:00 a 19:00.
Xullo e agosto de 10:00 a 21:00.
Días de peche: 24, 25 e 31 decembro, 1 e 6 xaneiro. (O Castro está aberto de xeito permanente).


Servizos:
Prezo da entrada 2'40€ con reducións e exencións varias. Entrada gratuíta con exposicións temporais
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións SI
Instalacións adaptadas á diversidade funcional SI

Temática:
Arqueoloxía e Historia

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia