Consello Galego de Museos

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

O O Museo está instalado no Castelo de San Antón, situado na Bahía coruñesa, próximo á "Cidade" (casco antigo) e ás súas murallas, e actualmente en pleno paseo marítimo que bordea toda a península que conforma a cidade de A Coruña. A fortaleza foi construída entre os séculos XVI e XVIII nunha illa da bahía, para a defensa da cidade fronte ós ataques por mar.

O contido do Museo céntrase na Arqueoloxía e a Historia e establécense tres seccións:

- Arqueoloxía: expóñense pezas dos diversos períodos da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia, e principalmente da provincia da Coruña, abranguendo dende o Paleolítico ata a época romana. Son de subliñar, entre outros, a colección de ourivería protohistórica (torques de Xanceda, casco de Leiro), materiais de Dombate, e a Tabula Lougeiorum.

- Escultura medieval e heráldica: instalada nas casamatas que rodean o patio

- Historia: instalada na planta alta do castelo, expóñense pezas relacionadas cos principais fitos da historia da cidade : construcción da Torre de Hércules, invasión de Drake en 1589, batalla de Elviña, relacións marítimas .

Logo do Museo Arq. e Histórico Castelo de San Antón Castelo de San Antón

Enderezo:
Paseo do Parrote s/n
15001 A Coruña
Teléfono: 981 18 98 50
Fax: 981 189850
E-mail: eabelaidas@telefonica.net
Web: www.ctv.es/USERS/sananton


Horario:
Setembro a xuño:
de Martes a Sábados: de 10:00 a 19:30 h.
Domingos e festivos: de 10:00 a 14:30 h.

Xullo e agosto:
de Martes a Sábados:
de 10:00 a 21:00 h.
Domingos e festivos: de 10:00 a 15:00 h.

Días de peche: luns


Servizos:
Prezo da entrada
exencións e reducións
2,00€
Biblioteca / centro de documentación SI
Tenda / venda de publicacións /
Instalacións adaptadas á diversidade funcional /

Temática:
Arqueoloxía e historia

Contactar có museo

San Domingos de Bonaval 15703 Santiago de Compostela
Tel.(981) 583620 - Fax 554840| secretaria@cgmuseos.org
XHTML 1.0 Strict válido CSS válido

Co patrocinio da:Xunta de Galicia